Valídase por dous anos o programa educativo escolar “Vigo por Dentro”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento aberto do servizo de xestión e transporte dos desprazamentos escolares deste programa educativo, destinado a que o alumnado coñeza os distintos puntos de interese da cidade.

O contrato prevé o investimento de 150.000 euros en partidas plurianuais ata a finalización deste, nun prazo de dous anos. O Concello implemetará desde o novo curso escolar as visitas en autobús do alumnado dos colexios da cidade a lugares de interese significativo en Vigo.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde aos plans de residuos, seguridade e saúde das obras de asfaltado de case un quilómetro na Avenida do Tranvía, por un importe superior aos 80.000 euros. Esta aprobación supón a práctica finalización da tramitación administrativa previa ao inicio da pavimentación.

8 de agosto de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.