Urbaser condena que o comité de folga impida o traballo de media ducia de empregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

Urbaser condenou que o comité de folga estea a impedir a seis traballadores que regresen ao seu traballo, 57 días despois de iniciarse o paro na recollida de lixo en Lugo.

Neste sentido, o portavoz da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo en Lugo, Benito García, constatou como “media ducia de traballadores presentáronse a traballar, ao longo do fin de semana, en distintas quendas, correspondendo a quendas de traballo e non aos servizos mínimos.” Traballadores que queren exercer o seu dereito ao traballo igual que existe o dereito a folga”, reivindicou García.

“Por parte da empresa non temos máis que condenar que o comité de folga estea a impedir ese exercicio do dereito ao traballo que todos os traballadores teñen. Son traballadores de Urbaser Lugo, independentemente da súa militancia nun ou noutro sindicato”, manifestou o portavo de Urbaser, quen asegurou que a empresa “tratará de velar porque poidan realizar a súa actividade”.

Tras a anulación o pasado venres, polo tribunal Contencioso Administrativo, do decreto que fixaba os servizos mínimos no 100 por cento, o portavoz da empresa denunciou que se volven a incumprir os mínimos que rexen agora e que son os establecidos a través do Boletín Oficial da Provincia, con data de sete de xuño e que oscilan entre o 40 e o 70 por cento.

“O comité de folga permite a saída de menos do cincuenta por cento dos efectivos que corresponden a eses servizos mínimos. Vólvese a xerar máis residuo e volve como consecuencia dese incumprimento nos novos puntos de emerxencia”, relatou Benito García.

LUGO “NON SE DEBERÍA RESENTIR”

Desde o comité de empresa, o seu secretario, Julio Pacio, mantivo que se cumpren e aténdense aqueles puntos onde se decretou a alerta por risco sanitario.

“É curioso que haxa compañeiros que van ao momento de risco sanitario, que nos dá a empresa todos os días e en todas as quendas, e que se atopen cos colectores baleiros. Non se onde existe a coordinación”, denunciou Pacio.

“Onte había 57 e aténdense rapidamente con este tres quendas de traballadores que salguen a recollelos, polo que a cidade non se debería de resentir”, censurou.

As dúas partes atópanse á espera dunha nova chamada do mediador que dispón o Consello Galego de Relacións Laborais, sen que de momento produciuse esa convocatoria.

OROZCO XUSTIFICA OS SERVIZOS MÍNIMOS

Pola súa banda, o alcalde de Lugo, José López Orozco, xustificou, en declaracións á Cadena Ser, que se fixasen os servizos mínimos nun 100 por cento.

“Hai que darse conta que na cidade foron aumentando os puntos de alerta sanitaria. A cidade estaba nun estado deplorable e nós tiñamos que recorrer a algunha medida para que, cunha medida de choque que era o 100 por cen, e logo no mesmo decreto, diciamos que paulatinamente se irían baixando”, lembrou.

A este respecto, anunciou que se recorrerá a decisión do contencioso administrativo. “Temos a obrigación de que os lucenses vivan nas mellores condicións posibles”, sentenciou Orozco.

4 de agosto de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.