publicidade hoxe

Uns corenta expositores daranse cita en Bande na Feira Mostra de Productos Endóxenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Un ano máis preto de corenta expositores daranse cita os días 12 e 13 de agosto durante a celebración dunha nova edición da “Feira Mostra de Productos Endóxenos”. Na praza da Constitución de Bande en horario ininterrompido de 12:00h. a 24:00h. (día 12) e de 9:00h. a 24:00h (día 13). Artesanía, gastronomía, productos locais, información turística, zona de pinchos.

A inauguración será o día 12 ás 12:00h. na mesma praza.

De novo este ano a presenza de expositores provenientes doutros concellos e incluso de Portugal amplían a oferta presentada.

Nestes días tamén se desenrolarán os seguintes actos:

12 DE AGOSTO

Na praza da Constitución ás 20:00h. “Migallas teatro” realizará o espectáculo “merenda con pan de millo”, onde se conxugan teatro e danza.

13 DE AGOSTO

ATRÉVETE E XOGA CONNOSCO

Na rúa San Roquea partir das 17:00h xogos de auga e fariña. Vén preparado e non te esquezas de traer o bañador.

ESPECTÁCULO TECNOMAXIA

Na praza da Constitución ás 20:00h. “Mago Richard”.

Entrada de balde.

Relación de expositores confirmados:

–    Información Concello de Bande

–    Camariñas Carmen.- Traballos a man

–    Mª. Araujo – pintura e restauración

–    Arte do monte.- Pezas en madeira moldeadas pola natureza e tratadas.

–    Sandra Luzía – manualidades Celanova

–    Licores da Baixa Limia.

–    S.D. Bande.

–    António Carvalho Días.- Antigüidades, restauración de mobles.

–    Aliados.- Bolsos, broches, bixutería.

–    Pan do Demo.- Venda de cogomelos.

–    www.facendaoagro.com / Galeguesas.

–    Night Bodegón.

–    Félix.- Artesanía en pedra.

–    Paulo Neves Pires.- Téxtil en liño.

–    Mel da Fraga.

–    Arte Pepa.- Artesanía téxtil, traballos madeira.

–    Elisa.- Artesanía téxtil.

–    Xoán.- Coiro, cestería.

–    Armenia.- Patchwork.

–    Trisquel.- Pirograbado cristal.

–    La Despensa de Milmanda.- Productos elaborados con mel.

–    Casa Neiras.- Embutidos.

–    Comisión de Festas de San Roque.

–    Etel Bande, fotografía.

–    Kira original.- fundas gaita, traxe tradicional.

–    Rincón da tía María.- pintura en cerámica e vidro.

–    A arrancadeira.

–    O recuncho.

–    J&N complementos y regalos.- xoiería.

–    Axóuxeres da lúa.

–    Galletas de manteiga MICOKES.

–    As amigas.

–    Domingo Ribau.- traballos en madeira.

–    Con moito gusto.- marmeladas.

–    Feito a man.- traballos en lá, ganchillo.

–    Lambetadas.

7 de agosto de 2014 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.