Unha semana de diversión nas Cancelas para os máis pequenos antes de empezar o cole
Celi, a mascota do Club Infantil das Cancelas, volve coas pilas cargadas despois de pasar o verán no seu planeta. Agora quere reencontrarse cos seus amigos e gozar con eles da última semana antes das clases. Por este motivo, As Cancelas organizou unha actividade para cada día ás 18:00 h na 2ª Planta do Centro Comercial: teatrillos, conta-contos, monicreques…
Aínda que non é imprescindible pertencer ao club para acudir ás actuacións, os que aínda non son socios, poden sacarse o carné de forma gratuíta no Punto de Información das Cancelas e só por inscribirse recibirán un fantástico pack de agasallos de benvida.











