publicidade hoxe

Unha festa infantil na área recreativa habilitada no Porto de Ortigueira despide o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

O Concello de Ortigueira despide este domingo o mes de agosto cunha proposta especialmente pensada para o público infantil. Será unha festa de animación na contorna da área de xogos acuáticos da Alameda, un espazo concibido para o esparexemento dos máis pequenos, do que veciños e visitantes xa puideron gozar ao longo do verán.

A partir das 19 horas, a contorna deste espazo recreativo, encherase de animación. Da man de Brétema Ocio e Tempo Libre, o Concello de Ortigueira promove unha festa participativa pensada para que os pequenos e as súas familias se divirtan. Música, baile e xogos ao aire libre serán os ingredientes do espectáculo, totalmente gratuíto.

A festa, na que non faltará algún que outro personaxe de Disney, desenvolverase na contorna dos Xardíns do Malecón, concretamente a zona anexa ao parque de xogos de auga, elemento central da remodelación da fachada litoral do núcleo urbano.

29 de agosto de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.