publicidade hoxe

Unha cuadrilla contra incendios desbrozará en Neda uns 30 Kms de pistas forestais na zona rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, anunciou esta mañá da incorporación, á plantilla municipal, dunha cuadrilla contra incendios integrada por catro peóns e un xefe de brigada. Cuadrilla que prestará os seus servizos na Administración local por espazo de tres meses e froito dun convenio de colaboración asinado polo rexidor e a Consellería de Medio Rural e do Mar en materia de vixiancia, prevención e defensa contra os incendios forestais. A través do mesmo, a Xunta de Galicia financia as contratacións. Neste sentido, Ignacio Cabezón explica que a axuda autonómica permitirá levar a cabo tarefas de desbroce dunhas 15 hectáreas de terreo, uns 30 quilómetros de pistas forestais da zona rural. Medida de prevención contra os incendios que, ao tempo, reforzará a seguridade vial nos zonas de actuación. Os traballos comezaron a pasada semana e, máis concretamente, as tarefas desenvolveránse nas área de Mirador Coto de Ancos; Cruz do PousoMuíño Gradaílle; Cruz do PousoAnca; GalanosVila de Anca; Lobeira; LobeiraViladonelle; Ladeiro; RoxalRabadeña; RabadeñaGunduriz.

4 de agosto de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.