Un veciño de Baiona é detido como suposto autor dun roubo nunha vivenda familiar de Lalín
A Garda Civil detivo a JA.H.L., de 39 anos de idade e veciño de Baiona, como suposto autor dun delito de roubo con forza nunha vivenda familiar do municipio de Lalín.
Este feito delituoso produciuse a principio do mes de xullo do ano actual no que, despois de forzar a porta de entrada, foron subtraídos varios efectos do interior tales como televisores, reloxos, obxectos decorativos, maquinaria, roupa, entre outros.
As investigacións que compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Lalín viñan realizando, deron como resultado a detención do suposto autor deste roubo.
Recuperáronse varios efectos subtraídos que foron entregados aos seus donos lexítimos.
O detido, que conta con amplos antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número UN de Lalín, quedando en liberdade con cargos.











