publicidade hoxe

Un total de 65 marcas participarán na cata concurso do Albariño en Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedra
A-
A+

Un total de 65 marcas participarán na XXVI Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que terá lugar no Salón Bazán do Parador de Cambados durante o sábado 2 e o domingo 3 de agosto enmarcada dentro das actividades da LXII Festa de Viño Rías Baixas Albariño de Cambados. Unha cifra que supón un incremento de 11 marcas con respecto á edición de 2013.

A Cata-Concurso Rías Baixas Albariño comezará o sábado 2 de agosto, ás 10:00 horas, coa denominada “Cata prima”. Durante a mesma, o panel de cata dividirase en dúas para avaliar todos os viños, que serán puntuados segundo a normativa da Organización Internacional do Viño (OIV). Os doce mellores viños pasarán á “Cata Derradeira”, que se celebrará o domingo 3 de agosto ás 11:00 horas, e da que sairán o tres viños premiados, que os situarán entre os mellores Rías Baixas-Albariño de 2013. Os premios serán entregados durante a comida oficial do Capítulo Serenísimo, que terá lugar ese mesmo domingo no Pazo de Torrado.

Esta Cata Concurso, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, contará cun panel de cata integrado por 24 expertos, pertencentes ao panel de cata interno deste Consello e a un externo, disposto para a ocasión. Este xurado catador puntuará seguindo os criterios da Organización Internacional do Viño (OIV). Entre os catadores externos, desprazados para a ocasión, atópanse: Baudouin Havaux (presidente do Concurso Mundial de Bruxelas); Juantxo Asenjo (freelance, membro de comités de cata e confeccionador de cartas de viños); Cristino Alvarez (Axencia EFE); Mar Romeu (Gestiona Radio e revista “Capital”); Javier Rueda (Guía de viños de “El País”); Albetrto Luchini (redactor xefe de “Metrópoli”); Andres Proensa (guía de viños “Planeta Veu”); Paz Ivison (freelance en revistas como “Yo Dona”, “Joyce”); Carlos Maribona (“ABC”, blog Salsa de Chiles); Pablo Amate (“El Ideal” e “Semanal”); Ramón Francas (La Vanguardia); e Enrique Curt (director de Edicións Curt que, entre outras, edita “Vinos y Restaurantes”).

1 de agosto de 2014 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.