Un total de 500 titulados comezarán as súas prácticas en empresas no plan laboral da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Preto de 500 novos titulados universitarios e de FP terán a súa primeira oportunidade laboral a partir do 1 de outubro, no marco do II Plan de Práctica Laboral en empresas privadas que pon en marcha a Deputación de Pontevedra.

O presidente da institución, Rafael Louzán, anunciou esta mañá que o vindeiro martes, 2 de setembro, publicarase a lista definitiva de candidatos admitidos e excluídos co correspondente orde de puntuación.

Dos 2.447 titulados que presentaron solicitude para beneficiarse deste plan, foron admitidos 2.014 e deles, serán convocados para unha entrevista os 968 de máis titulación. Trátase, asegurou Louzán, de convocar a un mínimo de dous candidatos por praza para que, no caso de que o candidato con maior puntuación non poida ou non desexe acollerse á bolsa, entre automaticamente o segundo con maior puntuación.

Unha vez realizadas as entrevistas persoais, os bolseiros poderán elixir a empresa na que desexan realizar as súas prácticas entre o 22 e o 24 de setembro, co obxectivo de formalizar a bolsa o 30 do mesmo mes e poder comezar o seu labor o a de outubro.

39 vacantes

O titular da Deputación informou, ademais, de que 39 das bolsas convocadas están nestes momentos sen cubrir, por non terse presentado ningún candidato coa titulación requirida.

Trátase de 39 prazas de 13 titulacións diferentes que, co  “obxectivo de que non perder estas bolsas e de darlle unha oportunidade máis aos titulados que presentaron solicitudes”, se intentarán cubrir con titulados doutros perfís.

Neste sentido, ofreceráselle ás empresas a posibilidade de cambiar a titulación demandada por outra similar e que poida dar adecuarse ao programa de prácticas.

Bolsas de un ano

Os bolseiros que se beneficiarán deste plan son titulados universitarios e de formación profesional que finalizaron os estudos despois do 1 de xaneiro de 2005 e que non teñen experiencia laboral previa na titulación na que van realizar as prácticas.

As bolsas, cun ano de duración (seis meses prorrogables por outros seis) serán de 800 euros mensuais para os titulados universitarios e de 700 euros para os de ciclos superiores.

29 de agosto de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.