Un total de 300 padexeiros participarán na XXXI Travesía Ría do Pasaxe de Piragüismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que este domingo, 31 de agosto, celébrase o XXXI Aniversario da Travesía Ría do Pasaxe de Piragüismo e a VI Regata de Piragüismo da II Liga Provincial da Coruña. O evento, organizado pola Escola de Piragüismo e Remo da Sociedade Deportiva As Xubias, en colaboración co Concello da Coruña, contará coa participación de 300 padexeiros de distintos clubs da provincia.

A proba terá saída e meta fronte á praia de Oza e contará cunha subida até a ría do Burgo. Ás 11.00 horas, dará comezo a competición para as categorías menores e, ás 12.00 horas, para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Dependendo da categoría na que se inscriban os participantes, que vai desde benxamíns a veteranos, os piragüistas deberán percorrer diferentes distancias, entre 750 metros e 4 quilómetros.

29 de agosto de 2014 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.