Un mariñeiro é evacuado ata A Coruña tras sufrir un forte golpe nas costas
Efectivos de Salvamento Marítimo evacuaron un mariñeiro ata A Coruña tras sufrir un forte golpe nas costas a 32 millas de Cabo Prior, segundo informou o Centro Nacional de Salvamento Marítimo.
O aviso recibiuse sobre as 17,00 horas dende o pesqueiro ‘Airoa’ cando se atopaba a 32 millas do Cabo Prior. O centro radiomédico aconsellou a evacuación a un centro hospitalario polo que, ao lugar, desprazouse a Salvamar Shaula e o helicóptero Helimer 209.
Finalmente, foi o helicóptero o que trasladou ata ao Aeroporto de Alvedro ao mariñeiro, ao que unha ambulancia levou, finalmente, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac)











