Un ferido en Carballo tras saír o seu coche da vía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballoLocal PortadaSucesos
A-
A+

Un home resultou ferido sobre as 10,45 horas deste domingo en Carballo (A Coruña) tras saír o coche no que viaxaba da vía e chocar contra o muro da beiravía.

   En concreto, este accidente de tráfico –que tivo lugar na estrada de Carballo, na entrada a Razo– debeuse á auga, segundo indicaron fontes de Protección Civil do municipio coruñés de Carballo.

   Até o lugar do incidente desprazáronse a Garda Civil; unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido a un centro médico en Carballo; e Protección Civil.

10 de agosto de 2014 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.