Umia, Villalonga e o equipo local disputan o XXIII Trofeo do Concello de Ribadumia
A XXIII edición do Trofeo Concello de Ribadumia de fútbol enfronta este fin de semana a Umia C.F., C.D. Ribadumia e Villalonga C.F. nun triangular que se disputa este venres 15 de agosto ás 19:00 horas no campo municipal de A Bouza de Barrantes.
Esta proba, que xa é unha cita tradicional no calendario de pretempada de ámbolos dous equipos, está organizada polo Concello de Ribadumia, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os clubs de fútbol locais.
I Trofeo Veteranos
O fútbol continua o próximo fin de semana co I Trofeo de Veteranos Concello de Ribadumia, que se desenvolverá o próximo sábado 23 de agosto, ás 19:30 tamén no campo de A Bouza. Será tamén un triangular entre os equipos Boa Vila de Barrantes, Santiaguiño de Ribadumia e Sisán Deportes Piñeiro.











