Últimas xornadas para inscribirse na IV Carreira pola Praia Nigrán Area
O Concello de Nigrán informa que o prazo de inscrición para a IV Carreira pola Praia Nigrán Area finaliza o vindeiro mércores, 6 de agosto ás 20.00 horas. Para as categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e pitufo a inscrición é gratuíta, e pode formalizarse a través do correo electrónico savalminor@hotmail.com ou na Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón.
Na categoría absoluta o prezo é de cinco euros por inscrito, e a matriculación pódese realizar a través das páxinas Web www.atlatismogalego.org e www.atletismovalmiñor.com, na tenda Athletics Deportes, na Avda. Balaidos, 41, ou na Piscina Mancomunada do Valmiñor, na Ramallosa.
A retirada de dorsais e chips realizarase o día anterior entre as 17.00 e as 20.00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón ou o mesmo día da proba, até 30 minutos antes do comezo das probas.
A categoría cadete dará o pistoletazo de saída ás 11.00 horas, seguidos dos infantís, os alevíns e os benxamines. A quenda da absoluta é ás 12.00 horas, pechando a cuarta edición da carreira os prebenxamines e pitufos.











