publicidade hoxe

Touro homenaxea a 800 maiores na súa XXII Festa da Terceira Idade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Encontro dos maiores de Touro

Encontro dos maiores de Touro

O Concello de Touro reuniu hoxe domingo, 10 de agosto de 2014, en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles unha merecida homenaxe. Ao Encontro da Terceira Idade de Touro, que este ano fixo a súa 22ª edición, acudiron máis de 800 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse casi o 25% dos habitantes de todo o Concello de Touro. O Goberno municipal aproveitou a ocasión para organizar unha xornada de portas abertas para dar a coñecer aos veciños os novos edificios da Casa da Cultura e o novo PAI. Estas duas novas instalacións de servizos para os habitantes de Touro están ubicadas nunha zona de lecer onde tamén está localizada a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu hoxe o xantar dos maiores.

A choiva que comenzou a caer xusto no inicio do xantar, nos amedrentou aos asistentes. Acudiron máis de 800 maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. Os dous veciños con máis anos, muller e home, recibiron un recoñecemento. E foron Obdulia Seijo Méndez, natural de Loxo e nacida no ano 1919; e Francisco Fariñas Esperante, da parroquia de Prevediños e nacido no ano 1917.

Os asistentes participaron nunha misa campestre, que finalizou ás 14.00 horas. Trala misa comenzou o xantar. O comedor para máis de 800 persoas instalouse na área de lecer baixo dúas grandes carpas. Ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro e sobremesas (queixo con marmelo e xeado). A cita para os maiores celébrase cada ano nunha parroquia diferente das 19 que compoñen o concello de Touro.

Ademáis de xantar, os asistentes tamén poideron disfrutar da música. A festa estivo amenizada pola Banda de Música Isabel II de Touro. Ao remate do xantar actuou o dúo ‘Eva e Camilo’. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores e fomentar a relación entre eles, rematou ben avanzada a tarde. 

10 de agosto de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.