Teucro e BM Porriño proclámanse campións da Copa Galicia 2014
A S.D. Teucro e BM Porriño proclamáronse hoxe en Tui campións da Copa Galicia, categoría masculina e feminina, respectivamente. Triunfo cómodo para o conxunto do Porriño, mentres que o Teucro logrou o triunfo no lanzamento dende os sete metros, despois de rematar o partido con empate (31-31).
COPA GALICIA FEMININA
Seis do Nadal, 22: Mabel Limes, Tania Conde, Erika Franco (3), Begoña Ibáñez (4), Laura (1), Andrea Prieto (1), Leticia Rodeiro (1), Eva Costas (1), Nerea Díaz (3), Irene (2), Yolanda Peroja, Andrea Cío (1), Patricia Fontela (3), Sandra Piñeiro (2) e Montse.
BM Porriño, 40: Susi Sánchez, Andrea (1), Soraia Lopes (4), Nuria Martínez (1), Andrea Orsolya “Xica” (3), Andrea Moledo, Marta Seijo (2), Gemma Martínez (2), Sarai Samartín (6), Sandra Costas (7), Lorena Pérez (8), Carla Rivas (3), Iris Sanjuán, Sandra López (3).
Árbitros: Ana Correa e Soraia Abelenda (colexio galego). Excluíron dous minutos a Erika, Leticia, Eva, Nerea, Yolanda e Sandra, polo Seis de Nadal, e a Nuria, Lorena e Carla, polo BM Porriño.
Marcador cada 5 minutos: 1-2, 3-4, 5-8, 8-11, 8-15, 12-20 (descanso), 14-24, 16-28, 18-32. 20-35, 21-38, 22-40 (final).
Incidencias: Final feminina da Copa Galicia de balonmán, disputada no Pavillón Municipal de Tui.
CRÓNICA
O BM Porriño logrou o título de campión da Copa Galicia feminina, tras superar na final de forma clara ao Seis do Nadal (22-40). A diferenza de categoría entre os dous equipos apreciouse na cancha, a pesar do enorme esforzo realizado polas viguesas. O Seis do Nadal foi capaz de plantar cara ao todopoderoso BM Porriño ata o minuto vinte da primeira metade. O equipo de Abel Estévez, que se plantou na final con moita facilidade, mandaba no marcador, pero con distancias curtas, ata que nos últimos dez minutos lograron un parcial de 9-4, que deixou claras as diferenzas entre os dos equipos. Ao descanso, 12-20 a favor de BM Porriño. Na segunda parte, pouco historia. O conxunto vermello do Porriño seguía marcando a distancia con rápidos contragolpes, mentres que as rapazas de Anxo Corbillón tentaban dar a cara.
COPA GALICIA MASCULINA
S.D. Teucro, 37: Héctor Gil, Andrés Pérez, David García (5), David Chapela, Adrián Pumar (4), Marcos Dorado, Víctor Rodríguez (3), Santiago Gómez, Iván Fernández, Gonzalo Carró (3), Carlos García (7), Borja Fernández (6), José Ameijeidas, Anxo Otero, Daniel Hernández (6), Eduardo Moledo (1) e Ricardo Amerigo (2).
Frigoríficos del Morrazo, 36: Edu Salazar, Moisés Sirés (3), Santiago Gallego, Serafín Pousada (2), Iván Amarelle (3), Rubén Soliño (4), Suso Soliño (6), Alberto Casares (1), Fernando Eijo (3), Mile Mijuskovic, Eloy Krook (2), Pablo Castro, Adrián Rosales (5), Ángel Iglesias, Alen Muratovic (1) e David García (6).
Árbitros: Marcos Pérez e Vanesa Pérez (Colexio galego). Excluíron dous minutos a David García, Marcos Dorado, Gonzalo Carro, Daniel Hernández e Víctor Rodríguez (en dúas ocasións) pola Sociedade Deportiva Teucro, mentres que polo Frigoríficos do Morrazo, Moisés Sires, Santiao Gallego, Iván Amarelle, Fernando Eijo e Adrián Rosales.
Marcador cada cinco minutos: 3-4, 8-6, 8-10, 9-13, 12-16, 14-16 (descanso), 17-19, 20-21, 23-21, 26-25, 27-28 e 31-31 (final).
Incidencias: Final da Copa Galicia de Balonmán Masculino 2014 que se desenvolveu no Pavillón Municipal de Tui. O partido finalizou con empate no marcador (31-31) e decidiuse o título no lanzamento dende os sete metros a favor do Teucro (37-36).
CRÓNICA
A Sociedade Deportiva Teucro deu a sorpresa e logrou o título da Copa Galicia de balonmán tras superar nunha emocionantísima final ao Frigoríficos do Morrazo. O gañador decidiuse no lanzamento dende os sete metros, despois de que o partido rematara con empate a 31 tantos.
O conxunto dirixido por Pillo partía como favorito pola súa condición de club Asobal. Despois duns minutos de intercambio de tantos, o BM Cangas logrou poñerse por diante no marcador (8-10, min. 15) e foi aumentando a vantaxe pouco a pouco. No minuto 25 chegou a gañar de catro tantos, pero o Teucro apertou nos instantes finais da primeira metade e puido achegarse (14-16).
E tralo descanso o partido cambiou. O equipo pontevedrés logrou darlle a volta ao marcador moi pronto e lograr o empate (min. 40, 21-21). Nesta dinámica positiva para os homes de Quique Domínguez, lograron adiantarse por tres goles (24-21, min. 46). Pero o conxunto do Morrazo reaccionou e logrou empatar de novo o choque (min. 52, 26-26) e de aquí ao final, moita emoción.
Ambos equipos querían o título e chegaron con empate no marcador ata o final. Os últimos 20 segundos foron para o Frigoríficos do Morrazo con empate a 31-31, pero non lograron marcar e todo se tivo que decidir nos lanzamentos de 7 metros. E non foron suficientes cinco por equipo. Marcaron todos os xogadores e foi no sexto, onde o Teucro logrou o triunfo e o título.











