Terceiro amigable para o Azkar Lugo
O Azkar Lugo F.S. disputará mañá sábado a partir das 18:00 horas no pabellón Ángel Nieto de Zamora o seu terceiro amigable; será ante o F.S. Zamora. Esta será unha nova proba para o equipo de Javier Albes, que continúa a súa posta a piques de cara ao comezo da competición de Primeira División, na que intentará seguir mostrando a boa imaxe que deixou en patente ante o Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén.
En fronte estará o F.S. Zamora, equipo que competirá esta campaña en Segunda División, logo do ascenso logrado a pasada campaña, pero que xa sabe o que é competir na Primeira División do fútbol sala nacional.











