Solventis, Raygrass III e Enxuto gañadores da 17ª Regata Cruceiros de Aguete

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarín
A-
A+

Dúas emocionantes probas de tipo barlovento/sotavento puxeron o broche de ouro á 17ª Regata Cruceiros de Aguete GRAN PREMIO SETGA queorganizou o Real Club de Mar de Aguete co patrocinio de SETGA, empresa de prestixio no mundo do deseño industrial e fortemente consolidada na edición e produción de elementos de iluminación pública, eficiencia enerxética e mobiliario urbano; ademais de Seguros Murimar e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Xoiaría Rosant reloxos Edox e a organización técnica da empresa de eventos, Desmarque.

Cun adiamento dunha hora sobre o horario previsto, a partir das 13:00 horas comezaron dous percorridos técnicos de 6 millas de lonxitude total fronte ao Club de Mar de Aguete onde numeroso público puido observar perfectamente as evolucións da flota participante. Na primeira proba, o vento foi frouxo e rolón do suroeste, de tal forma que mesmo a metade dela houbo que facer un cambio de percorrido. Vitoria parcial do RIAS BAIXAS que puña a clasificación a lume vivo na absoluta e en división regata, xa que o SOLVENTIS “picaba” cun terceiro posto. En Cruceiro/Regata o RAYGRASS ratificaba a súa primeira posición, seguido do MENUDETA que non daba tregua, e en Cruceiro, un magnífico DEEP BLUE gañaba, seguido de ENXUTO que pola regularidade púñase de primeiro. Á vista dos resultados habidos, a segunda proba do día e última da regata presentábase decisiva para a xeral final. Nesta proba o vento xa foi estable do Suroeste con 12-14 nós de intensidade, permitindo iso unha regata bellísima. En División Regata o SOLVENTIS non se deixou sorprender esta vez e devolveulle a pelota ao RIAS BAIXAS coándolle por medio á LOSQUEADA e adxudicándose o premio así por un só punto. En Cruceiro/Regata gañaba esta vez o ANDARIVEL e o RAYGRASS por moi pouquiño facía un terceiro e adxudicábase a xeral desta división por soamente un punto tamén sobre o MENUDETA. E por último, en Cruceiro gañaba a BILLA, mentres que o ENXUTO mantiña o tipo cun terceiro e a súa regularidade leváballe a gañar a xeral desta clase, igualmente por un só punto.

A clasificación xeral final dos primeiros de cada clase foi a seguinte,

División Regata

1º) SOLVENTIS (X37 – Manuel Bermúdez- MRCY Baiona), 5 puntos

2º) RIAS BAIXAS (Dehler 36 – Javier da Gándara – MRCY Baiona) 6 puntos

3º) LOSQUEADA (Dehler 36 – Fran Edreira – CN Sada ) 9 puntos

4º) MIRFAK (Farr 42 – Diego López – C.N.R. Armada) 14 puntos

5º) ORAL GROUP (Salona 37 – Pedro Pazos – RCN Portosín) 15 puntos

División Cruceiro/Regata

1º) RAYGRASS III (Dufour 34 – José Antonio Núñez – CN Carrumeiro), 5 puntos

2º) MENUDETA (Sun Legend 41 – Victor Carrión – CN Punta Lagoa), 6 puntos

3º) AGUIEIRA (Sun Odissey 40 – Tino Campelo – RCM Aguete) 12 puntos

4º) UNUS (X 332 – Luís García – C.N. Punta Lagoa), 13 puntos

5º) ANDARIVEL (First 33.7 – Luis Bugallo – LC Vilagarcía), 16 puntos

División Cruceiro

1º) ENXUTO (First 310 – Pablo Conde – CN Combarro), 7 puntos

2º) FAÍSCA NEJRA (Ro 300 – José Rey – CN Beluso), 8 puntos

3º) PUNTA LAGOA (Sun Fast 32 – Alberto Igrexas –CNP Lagoa ), 9 puntos

4º) BILLA (First 27.7 – Francisco Freire – RCM Aguete), 10 puntos

5º) DEEP BLUE (Yatlant 24 – Pablo Blanco – RCN Vigo), 11 puntos

E o primeiro clasificado con tripulación feminina na xeral levou un premio Reloxo Edox de xoiaría Rosant, que foi o RIAS BAIXAS.

A entrega de premios tivo lugar ás 7 da tarde nos salóns do club organizador con asistencia dos Concelleiros do Excmº. Concello de Marín, presidente da Federación Galega, patrocinadores da regata e directivos do Club.

4 de agosto de 2014 | 12:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.