Selección de alumnos para participar no programa Empregamarín
Nas próximas semanas o Concello de Marín levará a cabo unha selección do alumnado que tomará parte no Programa Integrado de Emprego EMPREGAMARÍN subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar.
Para tomar parte no devandito proceso de selección os/as candidatos/as non se teñen que inscribir no Concello, únicamente terán que estar inscritos como demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego e cumplir cos requisitos de: ser menor de 30 anos, non ter titulación académica superior ou equivalente a Bacharelato ou FPI e ter solicitado na súa demanda o servizo de “PROGRAMAS EXPERIMENTAIS” (Código 930).
A selección definitiva terá lugar no Concello únicamente entre aqueles demandantes de emprego que sexan enviados polos Servizos Públicos de Emprego.
A finalidade última do programa integrado de emprego Empregamarín é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral.
Este programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego contempla a posta en marcha dun plan integral que combinará accións de diversa naturaza, tales como información, orientación e asesoramento, formación (no programa formaranse profesionais en Mantemento de embarcacións semirríxidas; Reparacións mixtas composites-madeira; Operacións básicas de restaurante e bar e Caixeiro-repoñedor), práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, mobilidade xeográfica ou formación para a igualdade.











