Segunda semana de pretemporada do Santiago Futsal
O Santiago Futsal comezou esta mañá a segunda semana de pretemporada que se iniciou cunha sesión combinada de ximnasio e adestramento nas inmediacións do Multiusos Fontes do Sar.
Santi Valladares e o corpo técnico do Santiago Futsal contaron esta mañá cun total de 13 xogadores, tras as incorporacións a pasada semana de Cillo e do arxentino ‘El Gallego’ Rodríguez. Por outra banda, Santi, que non puido asistir esta mañá ao adestramento debido a unha infección de garganta, reincorporarase ás sesións en canto se recupere. O croata Kristijan exercitouse á marxe debida a un golpe que recibiu no nocello esquerdo no adestramento do pasado sábado. O capitán, Lucho, segue co proceso de recuperación á marxe dos seus compañeiros.
Despois de realizar a primeira semana de adestramentos nas instalacións do Municipal de Sta. Isabel, a partir do xoves as sesións terán lugar no Multiusos Fontes do Sar de maneira continuada en sesión de mañá e tarde.
Ademais, este xoves ás 19 h. no Multiusos Fontes do Sar terá lugar o primeiro amigable da pretemporada contra o Oviedo Areas F.S. (Asturias), equipo da terceira división nacional. O partido será de portas abertas, polo que os afeccionados poderán asistir de maneira gratuíta.
Plan de traballo da semana:
Luns 11 de Agosto:
9.30 h.- Multiusos Fontes do Sar- F. Submáx + Resist. Mixta + Porteiros
17 h.- PM Santa Isabel- Táctico
Martes 12 de Agosto:
9,30 h.- PM Santa Isabel- Preventivo + Individualizado
17 h.- PM Santa Isabel- Táctico
Mércores 13 de Agosto:
17 h.- PM Santa Isabel- Táctico
Xoves 14 de Agosto:
9,30 h.- Multiusos Fontes do Sar- Forza Submáx + Resist. Mixta + Porteiros
19 h.- Multiusos Fontes do Sar- Partido Amigable: Santiago Futsal – Oviedo Areas (Asturias)
Venres 15 de Agosto:
17h.- Multiusos Fontes do Sar – Táctico
Sábado 16 de Agosto:
9,30 h.- Multiusos Fontes do Sar – F. Submáx. + Resist. Mixta + Porteiros











