publicidade hoxe

Samos acolle a VII edición da Feira Gandeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLugoSamos
A-
A+

O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, e o Alcade de Samos, Julio Gallego, presentaron este luns a VII edición da Feira Gandeira de Samos, que organiza este Concello na Ponte de Lóuzara, o vindeiro domingo, 17 de agosto. Por sétimo ano consecutivo, o organismo provincial contribúe á celebración deste evento, cunha achega económica de 3.000 euros. Esta feira é unha das máis de 50 actividades, que teñen lugar nuns 40 Concellos da provincia, que financia a institución luguesa, cun total de 3,6 millóns de euros do Plan Estratéxico de Subvencións, dirixido a potenciar os principais sectores produtivos: agricultura, gandeiría, pesca, artesanía, comercio ou turismo

Fernández destacou que a Feira Gandeira de Samos “trátase dunha cita estratéxica, non só para o Concello, que ten a gandería como piar básico da súa economía; senón para todos os municipios da Zona Sur”. Pola súa banda, Gallego lembrou as orixes desta cita gandeira, que, anteriormente, se celebraba todos os días 17 de cada mes ata os anos 70; unha tradición que se foi perdendo co paso do tempo. Por este motivo, o Concello decidiu recuperala hai 7 anos para rememorar os tempos pasados, contando co apoio da Deputación. O Alcalde agradeceu o apoio do organismo provincial e convidou a todos os interesados a achegarse este domingo a Samos.

A convocatoria inclúe unha mostra de gando vacún de Raza Rubia Galega, gando porcino, equino e avícola. Máis de 40 artesáns da provincia se darán cita. Haberá, a maiores, unha degustación de postres caseiros da zona.

Aposta polo sector gandeiro

A Deputación colabora con esta feira dentro da aposta polo sector gandeiro. O organismo provincial é o único de Galicia que ten unha colaboración orientada á promoción e á expansicón da Raza Rubia Galega. Ademais, está a construír en Castro de Rei o 1º centro público en España de recría de gando frisón, que estará listo no 2015, dinamizando a económica luguesa e aforrando cartos ós ganderios, ó ofrecer 3.000 novas prazas de recría. Este proxecto está financiado ó 100% pola Deputación, con 12 millóns de euros.

11 de agosto de 2014 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.