Sacarase a contratación da construción da rolda leste de Pontevedra tramo PO-542, a PO-532 e acceso a Montecelo e Príncipe Felipe por 1,4 millóns de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra presentou hoxe o proxecto de construción da Rolda Leste de Pontevedra _no tramo PO-542 (Ponte Bora-O Pino) e PO 532 (Pontevedra-Pontecaldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe_ que fora adxudicado á empresa Eptisa e que sairá a contratación por 1,483.496 euros.

O proxecto afecta a 63 propietarios de terreos e obrigará á expropiación parcial de 33.472 metros cadrados de fincas de labradío (na súa maioría) pero tamén 15 eucaliptais e 3 robledais. Os terreos afectados son de solo non urbanizable común e de solo non urbanizable de núcleo rural.

A actuación prevista no proxecto consiste na execución da vía cunha sección de única calzada, con dous carrís de circulación de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peonil de carril bici e beirarrúa de 4 metros.

A vía proxectada enlazará a glorieta existente na PO-542 (tramo Pino-Bora) coa estrada provincial EP-0003, resolvendo a intersección mediante unha glorieta. A vía continúa ata a conexión coa estrada PO-532 cuxa intersección se resolve cunha terceira glorieta, a cal, á súa vez, enlazará coa vía que da acceso a Príncipe Felipe e o Hospital de Montecelo. Este acceso será modificado para conectarse coa nova glorieta.

O trazado terá unha lonxitude de 970 metros transcorrido de sur a norte e lixeiramente ata o este pola zona interior do Concello.

Os traballos teñen un prazo de execución de 9 meses.

O contrato da asistencia técnica corresponderá a dúas actuacións: dunha banda, a redacción do antedito proxecto de construción do mencionado tramo da Rolda Leste; e, doutro, a presentación dun documento independente de proxecto construtivo de pasarela peonil para a conexión da avenida Domingo Fontán co entorno da Comandancia da Garda Civil e o Parque de Bombeiros.

O prazo de execución da redacción do proxecto será de catro meses e ao concurso presentáronse dez empresas entre as que resultou adxudicataria a devandita Eptisa.

1 de agosto de 2014 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.