Rey Varela comproba co presidente da entidade vecinal de Santa Icía a renovación da estrada O Pico – Leixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Rey Varela na visita á renovación da estrada

Rey Varela na visita á renovación da estrada

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe o resultado dos traballos de renovación integral do firme da estrada O Pico – Leixa – O Seixo, en Santa Icía. O rexedor municipal estivo acompañado nesta visita do concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Borja Carro Muñoz; e do presidente da Asociación de Veciños de Santa Icía, Manuel Lage. Jose Manuel Rey manifestou a súa “satisfacción pola execución duns traballos longamente demandados polos veciños” e en que se investiron un total de 74.056,15 euros financiados con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial da Coruña.

Ao respecto da intervención nesta estrada, o alcalde sinalou que “non valía con actuacións puntuais de reparación de fochancas, senón que se precisaba un aglomerado completo desta estrada e iso é o que se fixo con estas obras”. Ademais, Jose Manuel Rey avanzou que as dúas próximas actuacións de mellora de viarios neste entorno serán a estada da Pega e a avenida principal de Santa Icía, “un obxectivo pendente de executar que presenta un deterioro importante dende fai moitos anos”.

A mellora integral da estrada O Pico – Leixa executouse no prazo dun mes. Na execución empregáronse 5.190 metros cadrados de pavimento asfáltico, se perfilaron 1.200 metros lineais de cunetas; e outros tantos de pasos a fincas do lugar. A fin de garantir a comodidade, continuidade da rodadura,a futura durabilidade do viario e a súa seguridade, a empresa que executou as obras adoptou como solución a extensión dunha capa de 5 centímetros de aglomerado asfáltico sobre o pavimento existente. Ademais, executouse a limpeza e perfilado das cuneta, así como a execución de “tajeas” para pasos de fincas. O viario O Pico – Leixa, ademais de dar servizo a numerosos veciños, comunica a zona de San Pedro e o polígono industrial de Río do Pozo.

8 de agosto de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.