publicidade hoxe

Restriccións no estacionamento de vehículos por traballos de asfaltado na Avenida de Xubia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda informou esta mañá de que a Xunta de Galicia levará a cabo na xornada do xoves, 7 de agosto, traballos de asfaltado nun tramo da Avenida de Xubia (AC0862). Actuación xestionada pola Administración local ante o avanzado estado de deterioro do vial e que, mañá mesmo, a Xunta solventará no marco das accións de mantenemento e conservación de viais que periodicamente leva a cabo. Así as cousas, os traballos traerán consigo certas restriccións na circulación de vehículos. Concretamente, prohibiráse o estacionamento no treito comprendido entre a ponte de Xubia e os semáforos do cruce con Toeleira. Así mesmo, a circulación estará regulada e a Policía Local velará pola seguridade na zona.

6 de agosto de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.