Restablécese a normalidade no tráfico na glorieta de Sabón tras terminar as obras antes do previsto
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), rematou antes da data prevista as obras da Rotonda de Sabón, en Arteixo. Por elo, o corte que ía ter lugar esta noite non é necesario efectualo.
Nesta semana, dende ás 23 horas do martes ata ás 6 da mañá da seguinte xornada non se puido circular polo sector da glorieta situado ente a saída cara a AC-552 (dirección Coruña) e a incorporación da AC-552 (dirección Arteixo) á propia glorieta, estes cortes tamén se realizou, no mesmo horario, o mércores. Nas horas restantes, a circulación neste punto foi normal.
Medio Ambiente procedeu a levar a cabo estes cortes porque os traballos de desmontaxe das vigas metálicas e dos barcos de encofrado da fase 3 do taboleiro da Glorieta de Arteixo, non foron compatibles nin viables, por razóns de seguridade, co tráfico viario.
Non obstante, a Xunta habilitou itinerarios alternativos para os usuarios que circulasen por esta zona entre as 23:00 e 06:00 horas da xornada seguinte.
Na actualidade, a estrutura da glorieta superior está practicamente finalizada. Ademais dos da execución que motivan dito corte, actualmente estanse levando a cabo os traballos de formigonado dos estribos e queda pendente o afirmado do taboleiro da estrutura e a instalación de barreiras de contención.











