publicidade hoxe

Renovación do centro urbano da Baña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+

A capital do Concello da Baña, San Vicenzo da Baña, conta xa cun renovado centro urbano. O pasado venres, día 8 de agosto, os técnicos da Deputación da Coruña certificaron a finalización do proxecto de humanización do centro urbano. O Concello da Baña e a institución provincial rubricaron o documento da recepción da obra.

O proxecto de humanización afectou ás rúas Castelao e Rosalía de Castro. Estas dúas vías xa contan con novas beirarrúas. A Praza do Concello, onde se sitúa a sede consistorial, conta desde hai só uns días cun novo pavimento en pedra.

As obras, a cargo da firma Oviga, comezaron na capital do Concello da Baña fai algo máis de tres meses e finalizaron o pasado venres. Afectaron a un quilómetro de rúas. 

A Deputación da Coruña asumiu un investimento de 191.000 euros. O resto (uns 48.000 euros) foron asumidos polo Concello da Baña. O total do investimento sumou 240.000 euros. A humanización do centro urbano da capital do Concello da Baña foi a fondo. As obras inclúen a reforma das beirarrúas, construción de arquetas e novas acometidas con tubaxes de PVC. As rúas e a praza contan tamén con novo mobiliario urbano, con luminarias de farol e cunha nova sinalización para peóns. A Praza do Concello loce xa o seu pavimento de pedra. E alí tamén se instalou unha fonte.

13 de agosto de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.