Renfe devolverá o prezo do billete aos 240 pasaxeiros do tren incendiado
Renfe devolverá o importe íntegro do billete aos 240 pasaxeiros do tren hotel de Barcelona a Vigo que rexistrou un incendio na noite deste mércores á altura de Huesca, segundo informaron fontes da compañía.
Ademais, a operadora ferroviaria facilitaralles uns billetes de ida e volta que poderán gozar desde o 1 de setembro até o 31 de decembro deste ano.
A raíz do suceso, a empresa pública dispuxo unha máquina diésel para remolcar o tren até Huesca e desde alí habilitou autobuses até Zaragoza, onde os viaxeiros continuaron o seu destino.
Segundo apuntan as mesmas fontes, deuse aos viaxeiros almorzos ao seu paso por Logroño, ademais de cartas de desculpa. Unha persoa incorporouse ao ferrocarril para efectuar labores de limpeza e estanse cargando botellas de auga, engaden.
Así mesmo, sinalan que ao seu paso por León os pasaxeiros recibirán bocadillos, froita e botellas de auga e en Ourense tamén lles será outorgado un refrixerio.











