Reloxos de sol no segundo obradoiro de Astronomía no Gorgullón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Local Social do Gorgullón acolle mañá un novo obradoiro sobre astronomía incluído dentro da completa programación organizada pola Concellaría de Festas en colaboración coa Asociación Sirio, e enmarcadas dentro das actividades previas á celebración da Feira Franca.

“Reloxos de Sol” impartirase de balde pero para as persoas previamente inscritas na Oficina da Feira Franca (situada no antigo edificio do Conservatorio de Música, na rúa Alfonso XIII), de 11.30 A 13.30 horas. As actividades que quedan pendentes son as seguintes:

• Charlas (aforo ilimitado)

– Unha maqueta do universo: relacións de tamaños no universo. Xoves 7 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural O Gorgullón.

– Que ven o corpo celeste! Os medos ao Universo descoñecido. Xoves 21 de agosto, de 19: 30 a 21h. Centro Cultural O Gorgullón.

• Obradoiros (15 persoas en cada obradoiro).

– Instrumentos medievais de Astronomía e Navegación. Sábado 23 de agosto, de 11:30 a 13:30h. Centro Cultural O Gorgullón.

• Plantada de telescopios (aforo ilimitado)

– Venres 22 de agosto ou venres 29 de agosto na Praza de Pedreira (segundo a metereoloxía), ás 23:00h.

• Observacións guiadas no observatorio de Cotobade (tres grupos de 15 persoas cada un, en total 45 persoas). Sábado 23 ou sábado 30 de agosto ás 23:00h (segundo a metereoloxía).

1 de agosto de 2014 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.