publicidade hoxe

Raquel Arias visita as obras de mellora no CEIP Santa María do Valadouro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoO Valadouro
A-
A+
Raquel Arias na visita ao centro

Raquel Arias na visita ao centro

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, revisou hoxe as actuacións de mellora que se están a desenvolver no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Santa María do Valadouro, no que nos últimos días comezaron as obras de renovación da cuberta do centro, ao tempo que se realizan tamén tarefas de mellora do sistema eléctrico.

Arias, que visitou a zona xunto co alcalde da localidade, Edmundo Maseda, e técnicos da Consellería de Educación, indicou que as actuacións previstas, que supoñen un investimento de 51.775,90 euros, afectan fundamentalmente “á parte superior do edificio principal do centro, no que se cambia por completo o material do sistema de cubrición, retirando a tella existente para instalar unha nova cubrición, formado por panel sandwich”.

Tecnicamente, a actuación consiste na substitución da tella do edificio principal do colexio, que data de hai preto de corenta anos, e que presentaba deterioro por mor da antigüidade. A nova cubrición, de panel sándwich de 30 milímetros, irá apoiado sobre correas metálicas tipo omega. En total, o novo teito cubrirá un espazo de 985 metros cadrados e prevese que a actuación se desenvolva de cara a permitir o inicio con normalidade do curso.

Arias referiuse a importancia destes traballos, que “servirán para modernizar o centro escolar de referencia do Valadouro e da súa contorna”, e que veñen a sumarse ás que paralelamente se están realizando para mellorar o sistema eléctrico do centro para adaptalo á normativa existente.

As obras suporán, en opinión de Arias, un importante beneficio para a comunidade estudantil e docente deste centro do Valadouro, no que na actualidade cursan estudos arredor de 110 alumnos da localidade e da súa contorna, distribuídos entre Educación Infantil e Educación Primaria.

27 de agosto de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.