Rajoy considera necesaria unha política europea clara e contundente contra a inmigración ilegal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Europa Press

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, destacou este xoves a necesidade de contar cunha política europea “clara e contundente” contra a inmigración ilegal, ante a situación que se vive no Estreito e na cidade de Melilla, que cualificou como “difícil”.

Rajoy recordou que a chegada masiva de inmigrantes irregulares ás costas españolas rexistrada nos últimos días é unha situación “que se repite moitos anos”.

Por conseguinte, mostrouse convencido de que Italia, que preside o Consello da Unión Europea durante o segundo semestre de 2014, “vai seguir liderando unha política europea clara e contundente que vaia contra a inmigración ilegal, pero que sobre todo intente axudar aquelas persoas que veñen porque nin sequera nos seus países poden vivir con dignidade”.

O presidente do Goberno realizou estas declaracións durante un encontro con diversos dirixentes do seu partido en Galicia celebrado este xoves no Miradoiro de Lobeira, situado no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa.

14 de agosto de 2014 | 20:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.