Rafa Luz, do Rio Natura Monbus, continúa cultivando éxitos co combinado brasileiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O xogador brasileiro do Rio Natura Monbus Obradoiro, Rafa Luz, continúa concentrado coa selección absoluta brasileira, tras lograr a medalla de bronce no Campionato Suramericano, o que supón tamén a clasificación directa para o Panamericano que se celebrará en agosto o próximo ano.

Ademais e como recompensa polo seu destacado traballo nestes últimos encontros, Luz foi preseleccionado para a Copa do Mundo 2014, celebrada en distintas sedes de España a partir deste 30 de agosto. Así, a base obradoirista sumar xunto a Raulzinho Neto (Gipuzkoa Basket), Rafael Hettsheimeir (Unicaja) e Cristián Felicio (Flamengo) á lista previa de dez que o seleccionador Rubén Magnano fixera pública con anterioridade.

O xoven Rafa declarou sentirse “moi orgulloso, xa que un xogador sempre busca poder participar nas competicións máis importantes que dispute a súa selección e esta opción é unha oportunidade máis para poder estar entre grandes xogadores aos que admiro e cos que me encantaría compararme”.

De momento, o xogador continúa co seu traballo coa nacional previo á competición mundial, preparando o torneo internacional de Buenos Aires, onde Brasil medirase nun triangular a Arxentina o próximo 8 de agosto e a México o día 9.

1 de agosto de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.