publicidade hoxe

Propostas do Verán Cultural de Rianxo para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostasdo VERÁN CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Sábado 30 de agosto

A partir das 10.00 – Campo de Arriba SACHOS Á RÚA ! FEIRAS LABREGAS DA BARBANZA

Os foros ecolóxicos da Barbanza organizan unha Feira Labrega coa colaboración do Concello de Rianxo.Os mercados que promoven queren ser puntos de encontro entre as persoas, recuperando os espazos públicos para recoñecerse como cidadanía, facerse vida, lecer, propostas de ocio non lucrativo, degustacións, demostracións do que son, sentirse e defenderse, dándolle un uso ao espazo público a xeito de ágora moderna.

A partir das 19.00 – Rúas e prazas de Rianxo NOITE ABERTA

A Asociación Rianxeira de Empresarios organiza cos comercios do concello unha Noite Aberta cunha ampla proposta de actividades.

20.30 – Praza Rafael Dieste FOLCLORE NA RÚA-DANZA 3: CANTIGAS E AGARIMOS

A agrupación Cantigas e Agarimos achégase a Rianxo dentro do programa de difusión do baile e a música tradicionais Folclore na rúa promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do AGADIC e coa colaboración do Concello de Rianxo. En escena a agrupación transmitirá a esencia e a riqueza das nosas danzas, así como das músicas que as acompañan e do vestiario;  exhibirán a pé de rúa unha mostra do seu amplo repertorio, nunha proposta artística preparada especialmente para cada espazo e a través da que se buscará implicar o público asistente.

22.00 – Paseo da Ribeira (fronte ó busto de Castelao) OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA

Intentarase ver como a lúa vai medrando a cuarto, as nebulosas, estrelas dobres… En caso de condicións metereolóxicas adversas (chuvia, brétema ou nubes) a observación terá que suspenderse.

A actividade está enmarcada dentro do Programa TODOCOSMOS que o Concello de Rianxo participa xunto con outros seis concellos de Galicia e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

Tamén pode visitarse, ata o 30 de agosto, no Auditorio de Rianxo a exposición EXPRESIÓNS IV: pinturas de Novais. O horario é de martes a sábado de 11.00 a 13.30 h.

Así como tamén a exposición HOMENAXE NOUTRORA ARESTORA HOMENAXE. Pinturas e esculturas de Agrelo. No Cuartel Vello do 14 de agosto ata o 11 de setembro.

27 de agosto de 2014 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.