Posponse o concerto “Noites dos Oitenta” en Cambre
O goberno local decidiu pospor o concerto musical que estaba previsto para principios de setembro “Noites dos Oitenta”. Trátase dun evento musical que finalmente organizará a concellaría de Promoción Económica e que terá como obxectivo potenciar unha campaña de comercio local e da hostalaría, para o que o goberno local espera contactar cos empresarios e comerciantes da zona de O Amorne.
Nun primeiro momento o evento ía ser organizado por tres concellarías diferentes, pero a proposta da edil de Promoción Económica, decidiuse que sexa o seu departamento o que asuma dita organización e estimando aprazar o concerto co fin de que teña unha maior repercusión económica para o comercio e a hostalaría do Amorne.
Con esta decisión lograrase, segundo a edil de Promoción, Marta Vázquez, un maior “impacto económico e social” que, ao seu xuízo, terá a celebración deste evento no maior núcleo urbano do concello. “Creemos necesario pospor este concerto para que teña un maior impacto na hostalaría e no comercio nunhas datas sinaladas. A idea é traer a varios grupos dos anos oitenta que atraian o maior número de persoas a este barrio e que todo redunde nunha incentivación desta zona“.
A idea do executivo local é que o evento perdure no tempo e para iso require, segundo Vázquez, dunha valoración do impacto económico da cita, a que sexa máis beneficiosa para O Amorne.











