PoioEscena achega a obra de Pinga Teatro “Intim”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioPoio
A-
A+

PoioEscena presenta “Intim”, de Pinga Teatro, o vindeiro venres 29 de agosto ás 21 h. no salón da Comunidade de Montes de Combarro. Da man da ACDeM Armadiña, o grupo profesional Pinga Teatro representará Intim, unha obra sobre o mundo laboral e as dificultades de saír adiante nun mundo cada vez máis competitivo.

Jordi Sardana de Montserrat, viaxante textil sufre unha depresion ao perder o seu emprego despois de trinta anos na mesma empresa. Recorre a un psiquiatra e este mándao viaxar e a explicar o seu caso ante todos os cidadáns do mundo, deste xeito libera a depresión e pode curarse dese lastre. O intuitivo Jordi non tarda moito tempo en descubrir as bondades da terapia e os meles dun diñeiro que consegue a base de realizar ” conferencias repoñedoras para a mente”… encher o peto por todo o pais, pode chegar a curarse, aínda que ás veces non é tan sinxelo. O ciclo, coorganizado polas asociacións SCD Samieira, SCD Raxó e ACDeM Armadiña e a concellaría de Cultura do Concello de Poio, programa unha obra mensual o último fin de semana de cada mes ás 21 h. Os prezos das entradas oscilan entre 2 EUROs e 50 céntimos. As entradas anticipadas poden adquirirse nas librarías Combarro e Ardora de Raxó, ou na taquilla o propio día da obra.

O ciclo anual de teatro PoioEscena está organizado pola concellaría de cultura de Poio e as asociacións Armadiña de Combarro (representacións na Comunidade de Montes de Combarro), SCD Samieira (representacións na Comunidade de Montes de Río de Bois – Samieira) e SCD Raxó (representacións no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó).

26 de agosto de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.