publicidade hoxe

Permanece estable a muller que sufriu un disparo na cabeza en Chantada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Permanece ingresada “estable” dentro de gravidade a muller de 32 anos hospitalizada no Lucus Augusti tras recibir un disparo a súa parella en Chantada (Lugo), segundo confirmaron fontes hospitalarias.

En concreto, Sonia F.D. continúa na UCI en estado “grave” e sen cambios dende a xornada deste mércores e o detido por disparar á muller, que permanece arrestada no cuartel da Garda Civil á espera de pasar a disposición xudicial, recoñeceu ser o autor dos feito

Sonia F.D. recibiu un disparo sobre as 21,20 horas do martes cando se atopaba no interior do establecemento no que traballaba ás ordes de A.F., a súa parella, momentos antes de que o local abrise para aproveitar a última xornada da Festa da Empanada de Chantada.

28 de agosto de 2014 | 12:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.