Pereiras acollerá o primeiro Campamento de Xadrez Concello de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Do 28 de xullo ao 1 de agosto celebrouse o 1º Campamento de Xadrez doConcello de Mos, sendo aA.V.V.Nosa Terra de Pereirasa primeira sede do devandito evento. Á clausura do campamento asistiron o concelleiro de Deportes, Isidoro Táboas, a edil mosense da parroquia de Pereiras, Kely Monzón, e o vicepresidente da asociación veciñal Nosa Terra, Adolfo Álvarez.

Gracias á celebración deste campamento, un grupo de nenos e nenas gozaron dunha semana de xadrez. Xadrez, que enfocado dende varias perspectivas, é unha ferramenta fundamental para os mozos. Dende a concentración, pasando polo traballo en equipo, o esforzo, ata a interacción entre rapaces e rapazas de distintas idades, xéneros, razas. Sempre sen esquecer o máis importante, a diversión.

Ao longo da semana os cativos gozaron de xincanas, ‘torneos de xadrezblitz’, sesións de iniciación e de perfeccionamento. Todo iso cun mesmo obxectivo: atopar a motivación e o esforzo a través da diversión. Con este evento abríronse as portas a un deporte en auxe no Concello de Mos.

Na última sesión, o MestreFIDE Miguel Senlle Caridepuxo a guinda ao pastel, cunha impresionante exhibición. Ante a atenta presenza dos familiares, autoridades políticas locais e representantes da A.V.V., enfrontouse a cada un dos alumnos e alumnas na modalidade de partidas simultáneas, ademais dunha breve estanza cos pequenos para charlar con eles e contarlle as súas vivencias xadrecísticas.

Senlle é Campión de Galicia Sub14, Sub16 e Sub18, Subcampión de España Sub-16 (2007), membro da Selección Galega xuvenil e absoluta en múltiples ocasións, membro da selección española xuvenil para o Campionato de Europa xuvenil rápido de nacións, disputado en Montenegro (2008); campión de España Universitario por equipos (2011 e 2013), campión da Liga Galega por equipos (2012 e 2013), campión de Portugal por equipos en numerosas ocasións e modalidades e Mestre FIDE (2013).

5 de agosto de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.