Péchase o prazo de solicitudes da Escola de Ocio e o Programa Madruga de Ribadumia para o novo curso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia xa pechou o prazo para matricularse na Escola de Ocio e Tempo Libre e na Aula de Acollida –Programa Madruga- de Ribadumia durante o novo curso escolar 2014-2015.

Recolléronse un total de 42 solicitudes para a Aula de Acollida e 19 para a Escola de Ocio. A maioría corresponden a nenos de entre 3 e 8 anos.

Estás iniciativas están destinados para nenos desde os 3 anos empadroados en Ribadumia cuxos país traballan, xa que o obxectivo e favorecer a conciliación da vida laboral, familiar e persoal das familias.

A Aula de Acollida leva funcionando en Ribadumia dende o ano 2005 e supón unha importante oportunidade para as familias, xa que permite deixar aos seus fillos no centro escolar desde as 7:30 horas ao cargo de coidadoras municipais. Elas encárganse de organizar actividades coas nenas e cos nenos ata o inicio da xornada escolar, momento no que acompañan aos nenos ata as súas aulas.

Pola súa parte, a Escola Educativa de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia funciona dende hai nove anos. Co inicio do curso escolar, este programa retomará o horario de tarde –desde o remate do comedor escolar ata as 20:00 horas. Durante estas horas, os rapaces disfrutan de xornadas lúdicas organizadas polos monitores.

CLAUSURA DA ESCOLA DE VERÁN

Os preto nenos de 3 a 12 anos que participan na Escola de Ocio e Tempo Libre de Ribadumia despediron hoxe o verán cun obradoiro de consumo responsable organizado polo Instituto Galego de Consumo co obxectivo de dar a coñecer os mais pequenos alternativas de lecer que non representen un produto e sexan de balde.

Unha despedida temporal para algúns dos participantes, xa que o 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, regresan á Escola de Ocio e Tempo Libre en horario de tarde.

29 de agosto de 2014 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.