Paseo de bicis clásicas en Verín
O sábado 09 de agosto terá lugar a terceira edición do Paseo de Bicis Clásicas, organizado por BTT Verín, Concello de Verín, Concello de Monterrei e Cruz Vermella Monterrei.
A saída desta iniciativa deportiva está prevista ás 17 horas desde a praza do Concello de Verín, e os/as participantes realizarán un percorrido de aproximadamente catorce quilómetros polas localidade de Verín, Pazos, Albarellos e Vilaza para retornar a Verín (estas localidades pertencente aos municipios de Verín e Monterrei).
Para participar no III Paseo de Bicis Clásica é necesario inscribirse o propio día da proba no punto de inicio. Para formular devandita inscrición será necesario entregar un quilogramo ou litro de alimentos non perecedoiros, que serán entregados a Cruz Vermella Monterrei, para repartir entre as persoas que o necesiten do municipio.











