publicidade hoxe

Pasan a disposición xudicial os dous homes detidos por agresión sexual en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontecesuresSucesos
A-
A+
Europa Press

Os dous homes detidos na localidade pontevedresa de Pontecesures por un delito de agresión sexual e detención ilegal, en grao de tentativa, a unha menor, pasaron este martes a disposición xudicial, segundo informaron fontes da Garda Civil.

En concreto, quedaron a disposición do xulgado de Caldas de Reis (Pontevedra) tras ser imputados de ambos os delitos por uns feitos que se produciron sobre as 19,00 horas deste domingo.

Segundo precisaron fontes da investigación, a menor de 10 anos camiñaba por este municipio cando a abordaron os dous homes agora detidos.

Ao verse intimidada, a nena comezou a gritar, o cal permitiu disuadir aos dous detidos, un home de 44 anos, e iniciais F.D.A, veciño de Pontecesures (Pontevedra) e outro de 54 anos, e iniciais S.T.C., veciño de Padrón (A Coruña).

Contan con antecedentes

Os detidos polo intento de abuso sexual e detención ilegal dunha menor de 10 anos na localidade pontevedresa de Pontecesures contan con antecedentes, segundo aseverou este martes o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

Non obstante, preguntado polos xornalistas tras un acto en Santiago, Juárez aclarou que estes non gardan relación cos asuntos polos que foron detidos. “Nada relacionado”, resolveu, e unicamente apuntou que eses antecedentes son “por outras cuestións”.

E, tras apuntar que “ao longo do día de hoxe” pasarán a disposición xudicial, sinalou que a cualificación dos feitos aínda non está “clara”.

“Aparentemente, houbo un ataque a unha menor por parte deses dous individuos, pero non temos claro se é un intento de abusos sexuais ou se é algún tipo de intento de secuestro”, detallou, antes de sinalar que a cualificación corresponderá á Xustiza.

Os feitos producíronse sobre as 19,00 horas do domingo, cando a menor camiñaba polo seu municipio e foi abordada por dous homes. Os berros da nena, ao verse intimidada, permitiu disuadir os agora arrestados.

26 de agosto de 2014 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.