publicidade hoxe

Os xogos dos avós invaden o parque de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+
Xogos no parque do Sagrado Corazón

Xogos no parque do Sagrado Corazón

O Parque do Sagrado Corazón acolleu esta mañá a segunda xornada da Semana Infantil de Cedeira. Nesta ocasión, nenos e nenas participaron nos “Xogos dos Avós”, dende o pano á carretilla, pasando polos zancos ou o xogo da cadeira. Actividades que continuarán mañá mércores coas Carreiras do Humor e, o xoves, co tradicional concurso de castelos na area. Dende as 11 horas, sen inscripción previa e participación gratuíta. Organizan as concellerías de Deportes e Turismo do Concello de Cedeira.

5 de agosto de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.