Os xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro seguen triunfando na tempada estival
Os xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro seguen traballando na tempada estival, moitos deles, coas seleccións nacionais dos seus respectivos países. Nesta ocasión, é o novo xogador do club, Maxi Kleber, quen foi seleccionado para disputar coa selección alemá a fase clasificatoria do Eurobasket que se disputará en 2015. O mozo de tan só 22 anos, ocupa un dos postos de á-pivote na lista definitiva de doce feita pública polo técnico nacional xermano, Emir Mutapcic.
O profesional afirma que está moi contento por ir convocado co equipo nacional: “Será unha gran experiencia para min traballar cun persoal e un equipo técnico aos que admiro, e unha boa oportunidade tamén para traballar o meu xogo e mellorar mesmo antes de empezar a traballar co Rio Natura Monbus Obradoiro”. Tamén confía plenamente no logro da clasificación: “Creo que somos capaces de meternos no Eurobasket e espéroo”.
De momento, o xogador cruzarase a partir do domingo con outros combinados europeos que tamén terán representación obradoirista, como o polaco, con Adam Waczynski, ou a selección da República Checa, co xa habitual nela Pavel Pumprla.











