Os xogadores do Burela Pescados Rubén comezan a súa posta a punto para a nova tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela Pescados Rubén comeza a súa posta a punto o martes día 5 de agosto na que será a súa terceira tempada na Primeira División da Liga Nacional de Fútbol Sala, a élite deste deporte. Nesta nova tempada, o Burela FS Pescados Rubén comezará o seu proxecto con: Edu, Alex, Matamoros, Isi, Iago Míguez, Antoñito, Jorge Bellvert, Chano e Carlitos. A eles sumarase a presenza dos canteiráns Renato, Helder, Antón, Erik e Javier Gorroño, xogador de 18 anos procedente da UD Rozas-Boadilla que tamén realizará a pretempada co conxunto galego. A escuadra dirixida por Juanlu Alonso iniciará os adestramentos coa vista posta na primeira xornada ligueira na que Vista Alegre recibe ao actual campión de Liga, Inter Movistar. A cita inaugural da tempada 2014/2015 celébrase o día 13 de setembro aínda que antes a escuadra mariñana disputará os seguintes encontros amigables:

Partidos de pretempada

Data: 16 de agosto. Localidade: Ferrol

O Parrulo Ferrol vs CD Burela FS Pescados Rubén

Data: 23 de agosto. Memorial Celso Currás

Localidade: Concello de Trabada

CD Burela FS Pescados Rubén vs Azkar Lugo FS

Data: 27 de agosto. Torneo de Fonsagrada. Triangular

Localidade: Fonsagrada.

Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén,* O Parrulo Ferrol, Fonsagrada FS.

* Pendente de confirmar

Data: 30 y 31 agosto. Torneo Santiago Futsal.

Localidade: Santiago de Compostela

Participantes: CD Burela FS Pescados Rubén, Santiago Futsal,

Uruguay Tenerife, Palma Futsal.

Data: 3 de setembro. Presentación CD Burela FS

Localidade: Burela

CD Burela FS Pescados Rubén vs Santiago Futsal

Data: 6 de setembro. Localidade: Cangas del Narcea. (Asturias)

CD Burela Pescados Rubén vs Magna Navarra

4 de agosto de 2014 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.