publicidade hoxe

Os veciños de Arzúa visitarán Vilagarcía grazas ao programa Coñece o teu país

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa ofrece para este mes a terceira das excursións do programa Coñece o teu país. Un ano máis, de maneira totalmente gratuíta, os veciños e veciñas poden realizar novas excursións ás catro provincias galegas.

Despois de coñecer máis de preto os municipios de Vimianzo e Lourenzá, a terceira viaxe será o sábado, 30 de agosto, á localidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra.

Nesta xornada os participantes coñecerán o Centro de Interpretación da Ría de Arousa que dispón de información de Vilagarcía e das vilas que integran a ría de Arousa, non só desde o punto de vista turístico senón tamén desde a xeografía, a cultura, a historia e a economía. Tamén haberá ocasión de visitar un dos mercadillos máis grandes de Galicia, percorrer o paseo marítimo, pasear polo núcleo mariñeiro de Carril e, se o tempo o permite, darse un baño na praia de Compostela.

Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deben achegarse persoalmente ao Departamento de Cultura, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.

Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á viaxe organizada para o vindeiro 30 de agosto a Vilagarcía, poden facelo a partir do vindeiro luns, 18 de agosto, no Departamento de Cultura do Concello de Arzúa entre as 8:30 e as 14:30 horas.

Lembren que o a oficina do Departamento de Cultura está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Pai Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

A excursión restante será en setembro, o sábado 27 á provincia de Ourense para coñecer o concello de Riós.

11 de agosto de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.