Os penaltis decidiron un torneo que finalmente gañou Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxoSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal e o F.S. Zamora brindaron aos asistentes do Trofeo “Concello de Rianxo” un partido moi rápido e de contragolpes que se decidiu nos penaltis.

O Santiago Futsal, que chegou cunha vantaxe de 2 goles sobre o F.S.Zamora no último minuto de partido, que viu como os zamoranos marcaban dous goles para igualar o marcador e decidir o encontro nos lanzamentos de penalti.

Habería que esperar até o minuto 17 de partido para que o Santiago Futsal se adiantase no marcador, grazas a un tanto de Diego Quintela. O capitán bateu á meta zamorana nun tiro desde fóra da área, e materializou a primeira das moitas ocasións que o conxunto compostelán xerara até o momento.

Tras a continuación, o Santiago Futsal aumentaría a conta co segundo gol do equipo, o segundo tamén na conta de Diego Quintela, que nunha xogada pola banda esquerda de ‘El Gallego’ déixalle o balón ao seu compañeiro para que o de Arzúa introduza a pracer o balón na portaría.

Co marcador a favor e aproximándose o final do encontro, o Santiago Futsal pecou de impreciso e o F.S. Zamora non perdoou. Pichón marcaría o primeiro dos zamoranos no minuto 39 e, nun saque de esquina no último segundo de partido, Anxo marcaría o segundo e definitivo tanto que igualaría o encontro.

Nos lanzamentos de penaltis Diego Quintela, Dani Chinés e Hugo Sánchez non fallarían, e a sobriedade de Marcos Vara baixo paus, que pararía o segundo lanzamento dos zamoranos, darían o Trofeo “Concello de Rianxo” aos de Santiago.

Terceira vitoria da pretemporada e o venres presentación oficial do equipo no partido do II Desafío Star Center, no que os de Santi Valladares mediranse ao Uruguai Tenerife no Multiusos Fontes do Sar ás 21h.

Ficha Técnica:

Santiago Futsal 2: Marcos Vara, Hugo Sánchez, Chus, Santi e Dani Chinés –cinco inicial- Diego Quintela, Borja, Kike, ‘El Gallego’, Pablo Tallón, Iago Otero e Iker López.

FS Zamora 2: Gómez, Ofa, Víctor, Pichón e Sergio –cinco inicial- Pintado, Rubén, Javi, Velasco, Lescún, Yuki e Ángel.

Árbitros: Ferrero Carballal e Sierra Márquez (Comité Galego). Amoestaron con cartón amarelo a Santi e Kike (Santiago Futsal) e Víctor (FS Zamora).

Incidencias: Pavillón Municipal de Rianxo cunha entrada de 350 persoas.

Goles: 1-0 min.17 Diego Quintela, 2-0 min.22 Diego Quintela, 2-1 min.39 Pichón, 2-2 min.40 Víctor

Penaltis: 3-1 Santiago Futsal (Diego Quintela, Dani Chinés, Hugo Sánchez) FS Zamora (Pichón)

27 de agosto de 2014 | 13:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.