Os meniños do PAI de Lousame celebraron unha festa de fin de curso
Os vinte nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Lousame celebraron unha festa de fin de curso, que tivo lugar o pasado venres nas instalacións municipais na parroquia de Tállara. Ademais de moitos xogos e música, os pequenos recibiron a visita especial de Pepa Pig.











