Os estacionamentos da rúa Juan Carlos I deberán quedar libres mañá ás 20:00 horas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Policía Local lembra que os estacionamentos da rúa Juan Carlos I e dos do redor da gasolineira de San Roque deberán quedar libres mañá ás 20:00 horas co obxecto de permitir o asfaltado da vía que levará a cabo o Ministerio de Fomento. O inicio dos traballos adiántase unha hora, ás 21:00 e desenvolveranse en horario nocturno co obxecto de que a travesía poida volver a estar operativa a primeira hora da mañá do venres.

O tramo de vía que será asfaltado comprende o triángulo das rúas que bordean a gasolinera de San Roque, exactamente dende o semáforo situado fronte ao bar O Peñón e as oficinas da Seguridade Social, ata a Praza da Constitución.

Para permitir a realización das obras será preciso cortar o tráfico no tramo completo dende ás 21:00 horas do xoves ata, aproximadamente ás 80:00 horas da mañá no venres. Estas son as previsións que manexa o Ministerio de Fomento para asfaltar o devandito tramo dunha tirada, para o cal traballarán durante toda a noite. A elección do horario nocturno fíxose co obxectivo de non afectar ao intenso tráfico rodado que soporta a diario esta travesía.

Entre as 21:00 horas do xoves e as 08:00 do venres, o tráfico entre As Carolinas e Carril desviarase en dous puntos principais: A rotonda da Luz Salgada e a do Ramal, podendo dende estas dirixirse a un ou outro extremo da cidade ou ao interior do caso urbano a través de Rodrigo de Mendoza ou Rivero de Aguilar e Valle Inclán. Para os coches que deban circular polo centro urbano exclusivamente sinalizaranse desvíos secundarios intermedios por rúas como Arcebispo Xelmírez.

En calquera caso, confíase en que a incidencia desta obra no tráfico sea mínima xa que o tráfico en horario nocturno é moi reducido en comparación co que se rexistra durante o día.

27 de agosto de 2014 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.