Os establecementos hostaleiros de Poio acadaron unha ocupación do 65%
A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre os visitantes recibidos nas oficinas de turismo municipais e a ocupación nos establecementos de aloxamento durante a segunda quincena de xullo.
No que respecta á segunda quincena do mes de xullo nos establecementos do municipio de Poio rexistrouse unha ocupación do 65%, superando en 2 puntos porcentuais a cifra acadada o ano anterior. Cabe destacar que a ocupación foi moito más alta na ponte do 25 de xullo, na que rondou a cifra do 90%.
O mes de xullo pecha cunha ocupación media do 54% debido principalmente a mala climatoloxía da primeira quincena.
Para o mes de agosto como xa ven sendo habitual, os hoteleiros prefiren non facer previsións, xa que a tendencia de esperar ao último momento para facer as reservas e as condicións climatolóxicas poden facer variar visiblemente a ocupación dos establecementos.
Respecto ós visitantes rexistrados nas oficinas de turismo municipais, nesta segunda quincena do mes de xullo acadouse a cifra de 1444 persoas, das que un 88,50% corresponden a visitantes nacionais e un 11,50% a visitantes internacionais. Resulta importante destacar a tendencia que se ven observando nos últimos anos respecto ao incremento na porcentaxe de visitantes internacionais, esta quincena observouse un aumento de case 4 puntos respecto as mesmas datas do ano anterior.
De entre os primeiros destacan os procedentes de Madrid (29,58%), Andalucía (15,96 %) e Castela e León (9,78%).
En relación aos visitantes internacionais destacaron nesta segunda quincena, os turistas procedentes de Francia, Inglaterra, Uruguay e Rusia. No mes de xullo nas oficinas municipais de turismo xa se levan rexistrados 2486 visitantes que preferentemente buscan información dos atractivos turísticos do Concello de Poio e das Rías Baixas en xeral.











