Os empresarios de Muimenta dan a coñecer os gañadores do concurso de tapas
Os premios aos gañadores da VIII edición do Concurso de tapas de Muimenta tivo lugar este mércores 27 de agosto, ás 21:00 horas.
O público participante co seu voto, optaba a tres vales de cen euros cada un deles, a gastar nos negocios dos socios da Asociación de Empresarios de Muimenta, antres do vindeiro 27 de setembro. Os gañadores foron:
– Carlos Méndez Couso, de Muimenta (papeleta do local: Latino)
– María Isabel Costoya Cinza, de Vilalba (papeleta do local: Tinto)
– José Seoane Debasa, cuio negocio radica no pobo de Muimenta (papeleta do local: Cruña)
Mentras que a gañador do vale dos trescentos euros (tamén a gastar nos negocios socios da Asociación de Empresarios de Muimenta), premio á ruta dos nove bares participantes, foi para Nuria Díaz Iglesias de Triabá (Castro de Rei).
Lembramos que as tapas gañadoras foron as do Restaurante Anllo e Bar Alvariño.