Os composteláns Hellorice súmanse ós concertos de “Música Moderna nas Prazas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

O grupo santiagués Hellorice súmase ó cartel dos “Concertos de Música Moderna nas Prazas”, que comezou o día 22 de agosto e rematará o venres día 29. 

Jazz, blues, música klezmer, rock, fusión e funk, son os estilos musicais que podemos escoitar nestes concertos. Despois das actuacións de Marcos Pim & Antonio Otero (venres 22) e de On Electric Blues Band (sábado 23), o próximo concerto será o do grupo de rock alternativo Hellorice, este mércores día 27, ás 22:00 h., na Praza de España.

O cuarteto compostelán fundouse no verán do 2011 e, no 2013, foi o gañador do VI Certame Música Xove, no que participaron un total de 38 grupos de toda Galicia. As influencias do blues, do funk e da psicodelia, déixanse notar nas súas composicións. Hellorice ofreceu múltiples concertos en coñecidas salas e pubs composteláns, e tamén en Vigo e Lugo, entre outras vilas e cidades.

Os seguintes concertos de Música Moderna nas Prazas serán tamén ás 22:00 h.:

Xoves 28. Kentokaki. música klezmer (xudía-sefardí) na praza de Carude

Venres 29.Tomás Merlo Jam Session. Fusión, jazz, funk e blues na praza dos Chaos. 

Estes concertos dan continuidade á actividade lúdico cultural que se mantén ó longo de todo o verán, e están patrocinados pola Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo.

26 de agosto de 2014 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.