Os coches faranse coas rúas de Palas de Rei con motivo do VII Rallye Comarca da Ulloa
Os coches que durante está fin de semana compiten na séptima edición do Rallye Comarca da Ulloa tomaron Palas de Rei, durante o venres 8 de agosto, para facer as correspondentes verificacións administrativas e técnicas para competir na proba. Entre a solpresa dos camiñantes que facían o Camiño Frances, a expectación dos palenses e a admiración dos númerosos afecionados chegados dende distintas partes de Galicia para ver as probas, foron entrando os 78 pilotos cos seus respectivos vehículos a Praza do Concello de Palas para facer as probas técnicas e administrativas, previas a competición. Elo favoreceu, a que centos de persoas acudisen a esta localidade Ulloana atraídos polo mundo do motor, dándose cita nun dos lugares neurálxicos desta proba dentro do Campeonato Galego de Rallyes como é Palas de Rei.











